Arquivo mensual:: abril 2018

O emblemático Palacio da Bolsa de Porto acolleu a primeira presentación da campaña “Somos Historias”

A presidenta da Deputación de Pontevedra, Carmela Silva, xunto ao deputado de turismo, Santos Héctor Rodríguez, presentou onte, da man da presentadora portuguesa e influencer María Cerqueira Gomes, “Somos Historias”. Deste xeito, a campaña que está a promover este ano a institución provincial e na que se pon en valor os recursos patrimoniais de todas […]
Ler máis

A Universidade de Vigo asina un convenio coa Fundación Mulleres por África que traerá a Vigo a estudantes de posgrao africanas

A presidenta da Fundación Mulleres por África, FMxA, e exvicepresidenta do Goberno Mª Teresa Fernández de la Vega, e o reitor en funcións da Universidade de Vigo, Salustiano Mato, asinaron este martes dous convenios de colaboración que facilitarán a chegada a Vigo de estudantes africanas para realizar nesta institución académica os seus estudos de posgrao. […]
Ler máis

A Xunta impulsa a candidatura Illas Cíes-Parque Nacional Illas Atlánticas entre os máis cativos a través dos Bolechas

A Xunta de Galicia impulsa a candidatura Ilas Cíes-Parque Nacional Illas Atlánticas a Patrimonio Mundial da UNESCO entre os máis pequenos cunha actividade de lecer ao aire libre da man dos seus personaxes preferidos, os Bolechas, que son un referente tanto de dinamización lingüística coma de literatura infantil de éxito. Máis dun centro de alumnos […]
Ler máis

Nigrán festexa o Día do Libro no CEIP de Vilariño coa plantación do souto ‘Carlos Casares’ e a inauguración do mural de Lula Goce

O Concello de Nigrán festexou o Día Internacional do Libro no CEIP Carlos Casares de Vilariño coa presentación do gran mural pintado na súa fachada pola recoñecida artista baionesa Lula Goce e a plantación de 40 castiñeiros nun terreo municipal anexo bautizado como ‘Souto Carlos Casares’ e formará parte xa do centro. Aos actos acudiu […]
Ler máis

A provincia de Pontevedra converterase o próximo novembro no epicentro estatal da Ruta dos Fenicios

A Rede Estatal da Ruta dos Fenicios seleccionou á Deputación de Pontevedra para liderar a promoción e difusión na fachada atlántica da denominada “Ruta das Kassitérides A provincia de Pontevedra converterase o próximo novembro no epicentro estatal da Ruta dos Fenicios ao acoller a Asemblea Estatal deste itinerario cultural. Deste xeito, e co fin de […]
Ler máis

O alcalde de Nigrán e presidente do Fondo Galego, preside en Valencia a asemblea da Confederación de Fondos de Cooperación a nivel estatal

O alcalde de Nigrán e presidente do Fondo Galego dende 2015, Juan González, presidiu hoxe en Valencia a asemblea ordinaria da ‘Confederación de Fondos de Cooperación y Solidaridad’, á que asistiron representantes de tódolos fondos de España xunto a Manuel Alcaraz, conseller de Transparencia, Responsabilidad Social, Participación e Cooperación da Generalitat Valenciana. Neste encontro, ademais […]
Ler máis

O Festival Internacional de Documentais Play-Doc, presenta a súa edición”máis ambiciosa”

Tui acollerá do 26 de abril ao 1 de maio a décimo cuarta edición de Play-Doc, o festival internacional de documentais de Tui.  Unha cita referente a nivel internacional no mundo do audiovisual que ofertará unha ampla programación que terá a súa sede central no Teatro Municipal da Área Panorámica.  O festival foi presentado oficialmente […]
Ler máis

Silva anuncia a posta en marcha da ruta ‘Pedro Madruga’ para coñecer o patrimonio histórico da provincia de Pontevedra

A presidenta da Deputación de Pontevedra anunciou esta mañá a posta en marcha dunha nova ruta para coñecer o patrimonio histórico das Rías Baixas: a ruta de Pedro Madruga. Carmela Silva subliñou que “con esta iniciativa pretendemos desestacionalizar o turismo, tal e como marca o Plan Estratéxico de Turismo, promovendo actuacións para dar a coñecer […]
Ler máis

O festival NigranJazz, elexido finalista por terceiro ano consecutivo dos Premios Martín Códax da música

O festival Nigranjazz, organizado dende o Concello de Nigrán, foi seleccionado onte á noite como finalista por terceiro ano consecutivo dos ‘Premios Martín Códax’ da música. Este foi elexido na quinta edición xunto a Resurrection Fest (Viveiro) e o Pardiñas (Guitiriz) na categoría de mellor festival, á que se presentaron 21 candidaturas de toda Galicia. […]
Ler máis

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies