A comunidade terapéutica Alborada  promoveu este Xoves Santo, en colaboración co Concello de Baiona, unha nova iniciativa ambiental na praia da Ladeira, na que participaron veciños e bañistas. O proxecto, coordinado por unha educadora do centro responsable da área de lecer e tempo libre, consiste en limpar zonas de interese natural como ríos ou praias. […]