Arquivo mensual:: octubre 2017

A Deputación de Pontevedra iluminará a súa fachada de cor verde para visualizar a doencia da artrite

A escalinata do Pazo Provincial foi o escenario para reivindicar a visibilización da artrite, unha doenza da que cada ano detéctanse na provincia preto de mil novos casos. A Presidenta da Deputación de Pontevedra, Carmela Silva, quen participou na concentración, sinalou que a fachada da Deputación de Pontevedra iluminarase en verde ao igual que outros edificios emblemáticos […]
Ler máis

‘VíaGalicia’ reúne en Lugo e Nigrán aos equipos xestores dos diferentes proxectos seleccionados nesta edición

Preto de cen emprendedores compartirán as súas experiencias durante un día intenso e apaixonante para proxectar a súa empresa cara ao éxito. Cunha serie de dinámicas que se desenvolverán hoxe na sede da Fundación CEL no Palacio de Feiras e Congresos de Lugo e o vindeiro venres no Centro de Negocios de Porto do Molle, […]
Ler máis

Maiden Castillo de la Rosa debate na Escola de Igualdade ‘María Vinyals’ sobre a existencia dun estilo de liderado feminino

Durante toda a mañá de hoxe a Escola de Igualdade María Vinyals da Deputación de Pontevedra, situada no Castelo de Soutomaior,  acolleu a xornada “Muller e liderado. Ferramentas e estratexias para mellorar o teu liderado!”. A última das actividades organizadas ao abeiro desta iniciativa do Servizo de Igualdade da institución provincial foi un relatorio, elaborado […]
Ler máis

A Escola de Igualdade María Vinyals, situada no Castelo de Soutomaior, acolle a xornada ‘Muller e liderado’

A iniciativa completou o aforo e 110 persoas asistirán ás charlas e obradoiros que se desenvolverán na Escola de Igualdade María Vinyals Este xoves 29 de setembro a Escola de Igualdade María Vinyals, situada no Castelo de Soutomaior, acolle a xornada da Deputación de Pontevedra “Muller e liderado. Ferramentas e estratexias para mellorar o teu […]
Ler máis

Nigrán participa un ano máis no ‘Proxecto Móllate polos Ríos’

O ano pasado unha vintena de veciños recolleu preto dunha tonelada de lixo, fundamentalmente botellas de vidro pero tamén material de construcción, tixolas, paraugas… O Concello de Nigrán súmase por segundo ano consecutivo ao “Proxecto Móllate polos Ríos”, coordinado pola asociación ecoloxista Adega, para limpar o esteiro da Foz, na Ramallosa, o día 2 domingo […]
Ler máis

Os alcaldes dos concellos do Val Miñor presentan “Valiemprega Xove” un novedoso obradoiro de emprego de promoción turística

Os tres alcaldes presentaron hoxe a acción formativa ante os 15 alumnos-traballadores seleccionados, que cobrarán o salario mínimo interprofesional Os alcaldes dos tres concellos do Val Miñor asistiron hoxe á inauguración do novo obradoiro de emprego “Valiemprega Xove”, adicado á ‘Promoción turística local e información ao visitante’ e que se desenvolverá en Gondomar durante seis […]
Ler máis

Preséntase o primeiro Plan Director de Turismo para convertir o destino Rías Baixas nun referente en toda España

Por vez primeira toda a política turística da Deputación de Pontevedra se vai facer en consenso cos concellos e co sector privado A Presidenta da Deputación de Pontevedra, Carmela Silva, acompañada polo Vicepresidente, César Mosquera, e o deputado delegado de turismo, Santos Héctor Rodríguez, presentou esta mañá, o Plan Director de Turismo Rías Baixas que […]
Ler máis

Máis de 3000 persoas visitaron o bio-mercado de Tomiño

Máis de 3000 persoas (o dobre que o ano pasado) visitaron a segunda edición do Bio-Mercado celebrado este domingo en Tomiño, na céntrica Praza do Seixo e dentro do mercado municipal, con máis de setenta postos de comida saudable, artesanía, cosmética, horta ecolóxica, mel, plantas e un longo etcétera. Ademais, os praceiros do Mercado Municipal […]
Ler máis

Tony Pérez, vencedor do I Enduro Serra do Galiñeiro

O vigués Tony Pérez, do equipo Intense Store, proclamouse campión na sexta proba do Open de Galicia de Enduro. O corredor olívico completou os cinco tramos cronometrados da carreira en 23:25, oito segundos por diante de Óscar Martínez, o segundo clasificado. “Era o que viña buscar, viña pelexar pola xeral, saio con esa intención en case todas as carreiras; […]
Ler máis

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies