Esta igrexa, de aspecto fortificado, pertence ao denominado románico de transición, tamén chamado oxival, con influencias cistercienses.  Disque no século XII existía xa un templo nesa localización que, por un privilexio de 1137 de Afonso VI, pasou a depender do mosteiro de Santa María de Oia pertencente á orde do Císter; ese templo sería substituído por outro, cunhas obras que comezaron a […]