Arquivo mensual:: Agosto 2017

A paratriatleta viguesa Susana Rodríguez será a madriña do I Vertiatlón Solidario de Baiona

A campioa galega e española de dúatlon paralímpico amadrinará e participará un evento no que xa se inscribiron 160 deportistas de toda Galicia A paratriatleta viguesa Susana Rodríguez será a encargada de amadrinar o I Vertiatlón Solidario, no que tamén participará eñ próximo 12 de setembro en Baiona. Cunha deficiencia visual grave derivada da súa […]
Ler máis

Pedro Rodríguez Villar veciño de Panxón e participante na Ruta Quetzal BBVA, é recibido hoxe polo alcalde de Nigrán no Concello

O alcalde de Nigrán, Juan González, recibiu hoxe no Concello a Pedro Rodríguez Villar, nigranés de 18 anos participante na Ruta Quetzal BBVA. O mozo foi o único representante de Galicia xunto á lucense Eva Quiroga nunha expedición composta por 170 persoas de 21 países diferentes do continente americano e a Península Ibérica. Houbo máis […]
Ler máis

Reimpulsar Uniminho como organismo de colaboración dos concellos do Val do Miño é aposta da Deputación

O Consello directivo da asociación reuniuse onte para renovar a representación galega no organismo transfronteirizo A Deputación de Pontevedra pretende reimpulsar a asociación Uniminho – da que forma parte xunto coa Comunidade Intermunicipal Vale do Minho- como organismo de colaboración estable que analice e traballe nas potencialidades socioeconómicas da ribeira do Miño e que sirva […]
Ler máis

A Deputación concede a Nigrán un préstamo de 344.000 € sen intereses para a adquisición dun terreo en Porto do Molle para a construción dunha nave de almacenaxe

A Presidenta da Deputación de Pontevedra, Carmela Silva, firmou o pasado venres un convenio co Alcalde de Nigrán, Juan González, mediante o cal a institución provincial concede un préstamo de 344.000 € sen intereses para a adquisición dun terreo no Polígono Industrial de Porto do Molle para a construción dunha nave de almacenaxe de vías […]
Ler máis

Un equipo de persoas con discapacidade do CAPD Redondela da Xunta participan no Príncipe de Asturias de Vela do MRCY de Baiona

Un equipo composto por cinco alumnos do Centro de atención a persoas con discapacidade (CAPD) de Redondela, dous docentes e dous adestradores do Monte Real Clube de Iates de Baiona participarán no 30º Trofeo Príncipe de Asturias de Vela, que terá lugar o próximo fin de semana, 5 e 6 de setembro, nesta localidade pontevedresa. […]
Ler máis

O Igape destaca en Redondela a aposta pola mellora da competitividade de Alfico, líder en distribución de material deportivo

O director do Igape, Javier Aguilera, destacou hoxe en Redondela o compromiso da compañía de distribución de material deportivo Alfico S.A.U. coa mellora da súa competitividade para optimizar a definición de tarefas, responsabilidades e procesos internos, para o que contou cos servizos avanzados que ofrece a Consellería de Economía e Industria a través do programa […]
Ler máis

Presentación do proxecto do novo IES de Soutomaior

O Conselleiro de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, Román Rodriguez, presentou hoxe o proxecto do novo IES de Soutomaior ante o Alcalde do Concello Agustín Reguera. A Xunta vai facer un importante investimento público de preto de 5 millóns de euros O centro, que contará cunha superficie construída de máis de 4.200 metros cadrados nunha […]
Ler máis

Soterramento do “Tanque de tormentas” de Gondomar

Finalmente soterrouse o polémico tanque de tormentas aberto por Augas de Galicia sobre o río Miñor a carón do edificio “As Garzas” na rúa Curros Enríquez, no centro de Gondomar. O tanque de tormentas leva construido dous anos e fíxose co propósito de recoller e reter a auga da choiva para disminuir a posibilidade de […]
Ler máis

O Concello de Baiona inaugura unha placa no parque da Virxe da Roca en memoria de Mercedes da Escaleira

O Concello de Baiona, en colaboración coa Comunidade de Montes Santa María de Afora, inaugurou unha placa no parque da Virxe da Roca en memoria de Mercedes Ruiz da Escaleira, unha das principais impulsoras da construción do monumento. A placa substitúe unha anterior deteriorada polo paso do tempo. Coincidindo que este domingo se celebra a […]
Ler máis

Baiona acollerá en setembro o I Vertiatlón Solidario

Baiona acollerá o próximo 12 de setembro o I Vertiatlón Solidario, un evento organizado polo Monte Real Club de Yates e o concello de Baiona co patrocinio de Verti Seguros e a colaboración da Federación Galega de Tríatlon. A competición deportiva terá o deseño dun tríatlon sprint e incluirá tres probas de natación, ciclismo e […]
Ler máis

9ª edición do Certame de Fotografía Viaxando

Un ano máis, xa temos aquí o Certame de Fotografía Viaxando, este ano na súa 9ª edición. Este concurso de fotografía que organizan conxuntamente as Oficinas Municipais de Información Xuvenil de Baiona, A Guarda, Gondomar, O Rosal, Tomiño, Salceda de Caselas, O Porriño e o Espazo Xove de Tui, está destinado a mozos de 12 […]
Ler máis

A praia de Panxón se convertirá este sábado num aeródromo natural para a 9ª concentración aerodeportiva

O Concello de Nigrán e o Aeroclub Meteoro, coa colaboración da Federación Galega de Deportes Aéreos, organizan novamente este sábado a IX Concentración Aerodeportiva de Nigrán, que reunirá no areal de Panxón a unha quincena de avións e autoxiros que se disputarán o IX Campionato Galego ULM (ultralixeiros). Paralelamente, terá lugar o Campionato Galego de […]
Ler máis

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies