Arquivo mensual:: octubre 2017

Presentación II trail Serra dá Groba

Xa está aquí! Xa se presentou a II Edición da Trail Serra dá Groba, que o próximo 8 de novembro terá lugar no Concello de Baiona. O acto contou coa presenza de varios corredores, entre os cales se atopaba o alcalde da vila, ademais de contar coa presenza de patrocinadores que apoian a proba deportiva. […]
Ler máis

Seguridade nas praias baionesas

Unha vez finalizada a época estival nas praias de Baiona valórase moi positivamente dende a Concellaría de Medio o traballo desenvolvido tanto polos membros de protección civil coma polos socorristas, tambien en medidas de asesoramento e información así como de asistencia aos bañistas.Con respecto á concienciación este ano potenciáronse a información sobre as boas prácticas nos nosos areais, como […]
Ler máis

Susana González a nova patroa maior da Cofraría de Pescadores de Baiona reúnese co presidente de Portos de Galicia para analizar as necesidades do sector

Esta reunión forma parte da rolda de encontros que o presidente do ente público está mantendo estas semanas para coñecer de primeira man as prioridades do sector profesional O presidente de Portos de Galicia, José Juan Durán, recibiu nos últimos días na sede do ente público en Santiago de Compostela á nova patroa maior, Susana […]
Ler máis

As illas atlánticas acollen mañá o II Encontro de Pintores co fin de amosar a súa riqueza natural mediante a arte pictórica

Este certame de pintura terá lugar nas illas Cíes, Ons, Sálvora e Cortegada, comezando a desenvolverse as actividades previstas a partir das 11 horas A cada illa poderá asistir un grupo de 10 pintores cos seus respectivos acompañantes e un guía As pinturas, unha vez rematadas, quedarán a secar na illa na que se elaborase, […]
Ler máis

A Deputación destina 144.000 euros a recuperación e posta en valor dos xardíns da Casa-Museo da Navegación en Baiona

Ademais, a Administración provincial deseñará, fabricará e instalará o mobiliario que completará o acondicionamento deste contorno A Xunta de Goberno da Deputación vén de conceder, na súa xuntanza desta mañá, unha subvención de 143.383,26 euros ao concello de Baiona para a recuperación dos xardíns e a finca da Casa-Museo da Navegación. A maiores desta subvención, […]
Ler máis

Nigrán instala un sistema de AQS con placas solares no vestiario do campo de fútbol de Vilariño

A instalación, cofinanciada pola Axencia Galega de Desenvolvemento Rural con fondos FEADER da UE, permitirá rebaixar o consumo de gasoil á vez que reduce a emisión de gas de efecto invernadoiro. O goberno municipal instala un sistema de produción de AQS (auga quente sanitaria) mediante enerxía solar térmica nos vestiarios do campo de fútbol de […]
Ler máis

Trinta rapaces do C.P.I. Julia Becerra Malvar de Ribadumia participan este venres no proxecto de motivación e crecemento persoal “liderado para o éxito”dentro do programa ACTIVA 2014

A actividade enmarcase no programa ACTIVA 2014, desenvolvido pola Dirección Xeral de Xuventude a través da Rede Galega de Dinamización Xuvenil. Trinta rapaces do C.P.I. Julia Becerra Malvar participan este venres no proxecto de motivación e crecemento persoal “liderado para o éxito” A Dirección Xeral de Xuventude a través da Red Galega de Dinamización Xuvenil […]
Ler máis

500 inscritos no medio maratón co que os concellos do Grove e Cambados e a Deputación xuntan deporte e promoción turística

Baixo o nome de Maralba celebrarase o vindeiro 28 de setembro con saída do peirao do Grove e chegada á praza de Fefiñáns. Cando aínda non se pechou o prazo de inscrición son xa medio milleiro de deportistas os inscritos para participar no medio maratón do Salnés, que terá lugar o vindeiro 28 de setembro, […]
Ler máis

Aspace celebrará as xornadas do Día Mundial da Parálise Cerebral 2014 en Santiago de Compostela

Como cada ano, O Día Mundial da Parálise Cerebral ten lugar de maneira simultánea en todos os países durante o primeiro mércores de outubro (día 1 este ano); pero para facilitar a participación das persoas con parálise cerebral e as súas familias, a Confederación ASPACE (Asociación de Persoas afectadas de Parálise Cerebral e Discapacidades Afíns) […]
Ler máis

Baiona, obras de mellora en cobertura de Praza de Abastos de Sabaris, edificio incluído dentro do PEPCHAB

O concello de Baiona disponse a realizar as obras de mellora na cubrición da cuberta da Praza de Abastos de Sabaris, edificio incluído dentro do Plan Especial de Protección do Conxunto Histórico Artístico (PEPCHAB) catalogado con protección Ambiental, que por mor dos temporais ocorridos no inverno pasado viuse danado nalgunha dos seus partes. Coa devandita […]
Ler máis

Romaría de San Cosme e San Damián 2014 en Baiona

Todos os anos por estas datas a chaira de Santa Liberata transfórmase e acolle a centenares de devotos vindos de todos os puntos da nosa xeografía, mantendo viva unha das tradicións máis ancestrais da vila e que a remontan á súa época medieval. A ROMARÍA DE SAN COSME E SAN DAMIÁN, máis coñecida popularmente como […]
Ler máis

Baiona acolle dende hoxe a XIV edición do Congreso da Sociedade Española de Radiociruxía.

O Parador de Baiona acollerá ata o próximo 26 de setembro, o XIV congreso da Sociedade Española de Radiocirxgía, un procedemento específico do ámbito da radioterapia para o tratamento de lesións craneais que estendeu o seu campo de actuación a outras áreas anatómicas. O obxecto deste congreso é avaliar o desenvolvemento desta especialidade e proporcionar […]
Ler máis

Preto de 180 mozos titulados traballarán en empresas de Vigo, Val Miñor, Redondela, Pazos de Borbén, Fornelos, Soutomaior ou Baixo Miño, no marco do Plan de Práctica Laboral da Deputación

Hoxe comezou o proceso de selección de empresas por parte dos bolseiros, que comezarán as súas prácticas o 1 de outubro. Louzán destacou que esta iniciativa, “única en España”, leva xa facilitado o acceso ao mercado de traballo a preto de 2.000 titulados Case 180 titulados universitarios ou de ciclos formativos comezarán o vindeiro un […]
Ler máis

Arranca o III Obradoiro de Emprego “Terras Do Miñor”

A Mancomunidade de Concellos do Val Miñor en colaboración coa Consellería de Traballo e Benestar, pon en marcha un novo Obradoiro de Emprego ao abeiro dos programas mixtos de emprego e formación da Comunidade Autónoma de Galicia. O proxecto Obradoiro de Emprego TERRAS DO MIÑOR III, promovido pola mancomunidade de concellos do Val Miñor ten […]
Ler máis

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies