spot_img
InicioVal MiñorBaiona120 escolares do Val Miñor participan no 'Almorzo saudable' organizado polos 23...

120 escolares do Val Miñor participan no ‘Almorzo saudable’ organizado polos 23 alumnos do IV Obradoiro ‘Terras do Miñor’

120-escolares-do-val-minor-participan-almorzo-saudable-organizado-polos-23-alumnos-do-iv-obradoiro-terras-do-minor

Un total de 120 escolares do Val Miñor, dos colexios de Mallón, Panxón, Belesar, Sabarís e Vincios participaron no ‘Almorzo saudable’ organizado polos 23 alumnos do IV Obradorio de emprego mancomunado ‘Terras do Miñor’ na residencia de tempo libre de patos.Os pequenos pasaron unha mañá divertida, diferente e moi nutritiva.

Os escolares chegaron ás 10h ás instalacións. Acto seguido puxéronse comezaron cun taller de froitas a cargo dos alumnos-traballadores da especialidade de Servizos de Restaurante do O.E. Os nenos aprenderon a facer diversitas espetadas de froitas con diferentes formas que terminaron degustando.

Pouco despois, dirixíronse á cociña onde aprenderon a cociñar madalenas. Os pequenos moi ilusionados foron os auténticos protagonistas dos fogóns pois eles mesmos encheron e enfornaron os doces.

Os colexiais gozaron dunha charla previa impartida pola nutricionista Gloria Pérez. Tras a charla, os alumnos do obradorio serviron aos comensais un almorzo saudable consistente en: un zume de froitas acompañado por unha tosta de pan con xamón serrano e as madalenas que fixeran coas súas propias mans.

Nesta xornada tan especial, achegáronse ata a Residencia de Patos para acompañar aos mais pequenos o presidente da Mancomunidade e alcalde de Nigrán, Juan González e o rexedor de Baiona, xunto con algúns dos séus concelleiros.

Os mandatarios tamén se interesaron pola formación dos alumnos do obradoiro, polo desenvolvemento do curso, e por todos os coñecementos que adquiriran ao longo destes meses.

120-escolares-do-val-minor-participan-almorzo-saudable-organizado-polos-23-alumnos-do-iv-obradoiro-terras-do-minor120-escolares-do-val-minor-participan-almorzo-saudable-organizado-polos-23-alumnos-do-iv-obradoiro-terras-do-minor120-escolares-do-val-minor-participan-almorzo-saudable-organizado-polos-23-alumnos-do-iv-obradoiro-terras-do-minor

 

- Publicidade -spot_img